top of page

O PSOE do Pino demanda unha actuación urxente na antiga Casa Consistorial do Pino

28 mar 2022
1 min de lectura

Considera que esta edificación de titularidade municipal, situada diante do albergue de peregrinos de Arca, "ofrece unha imaxe lamentable"


Ecos da Comarca/O Pino

A antiga Casa Consistorial do Pino, na actualidade utilizada como oficina de Correos de Arca, e, oficina de información turística e de atención ao peregrino no verán, ofrece un estado de conservación “lamentable”, segundo denuncia o grupo municipal socialista do Pino.

O PSdeG local critica as recentes declaracións do alcalde a as do director do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia, Enrique de Salvador. "Onde ambos se felicitaban pola aposta que está a facer o Concello do Pino á hora de combater o feísmo. Ningún dos dous se ruborizou á hora de manifestar que o Concello do Pino apostaba por implantar a cultura do fermosismo, cando a poucos metros e a pé de rúa, diante do albergue de peregrinos de Arca, temos a antiga Casa Consistorial que dá unha imaxe lamentable, tanto para os peregrinos como para todos os veciños/as”, afirma. “Xa todos e todas coñecemos o cinismo e postureo que practica o alcalde, o que nos sorprende e que a este exercicio se sume tamén un alto cargo da Xunta”, critica Óscar Vilar, voceiro do PSOE local.

O PSdeG do Pino solicitará no próximo pleno unha actuación urxente para esta

edificación. Informa que está a punto de rematar a reforma no albergue, con melloras importantes que apostan polo adecentamento e accesibilidade. "Adecentamento que o visitante e peregrino non valorará senón se corrixe o impacto paisaxístico que ofrece a edificación lindeira de titularidade municipal”, incide.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page