top of page

O PSOE do Pino demanda axudas para todos os estudantes censados no municipio

Critica que a actual convocatoria se limite só a 10 alumnos que cursen estudos universitarios ou de ciclo formativo de grao superior


Ecos da Comarca/O Pino

O PSdeG do Pino solicitará no Pleno ordinario de setembro que o Concello saque unha convocatoria de axudas para tódolos estudantes censados no termo municipal. Indican, na súa proposta, "que esta volta ás aulas está sendo moito máis complicada do esperado, debido ao contexto socioeconómico e alta taxa de inflación que sufrimos".

CPI Camiño de Santiago do Pino.

Ante este escenario sinalan que hai moitas familias con fillos en idade escolar, e, en situación vulnerable, que teñen que facer fronte a diferentes tipos de gastos como son o

comedor, o material escolar, matrículas e as actividades extraescolares. Dada esta situación extraordinaria, solicitan medidas tamén extraordinarias co obxecto de axudar a sufragar estes gastos a quen máis o precisa, “aínda que para iso se teñan que asumir de forma excepcional competencias impropias”, sinalan desde o PSdeG do Pino.


Censuran duramente a convocatoria de axudas que acaba de publicar o Concello, que está limitada a 10 bolseiros que cursen estudos universitarios ou de ciclo formativo superior. “A convocatoria dispón dun crédito irrisorio, 3.000 euros, cando o Concello xestiona un orzamento anual de 4 millóns de euros”, critican.

Na súa proposta solicita ao Concello que no presente exercicio, de xeito excepcional e extraordinario, convoque axudas para tódolos estudantes censados no termo municipal, independentemente dos estudios que cursen, e tan só condicionada aos topes de ingresos

que se establezan por unidade familiar nas bases da convocatoria.


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page