top of page

O PSOE do Pino critica que o Concello instale a primeira marquesiña tras demandala hai catro anos

Asegura que colocou o modelo de marquesiña da Xunta do ano 2011 e non o actual


Ecos da Comarca/O Pino

O Concello do Pino vén de instalar a primeira marquesiña do transporte metropolitano no núcleo urbano de Pedrouzo. "Un modelo de marquesiña que non se corresponde co actual

modelo que ten a Xunta de Galicia e que corresponde ao modelo tipo do ano 2011", tal e como asegura o PSOE Do Pino.


Estes feitos son criticados polo Grupo Municipal Socialista. “Pasaron catro anos dende que o noso grupo rogou no Pleno a instalación de marquesiñas no núcleo urbano e agora resulta que instalan o modelo de marquesiña do ano 2011”, cuestiona.

Dende o PSOE manifestan que “o Concello do Pino ou ben quixo aproveitar o Black Friday ou ben que dita marquesiña leva anos almacenada en dependencias municipais, feitos estes últimos que lamentamos”, afirman. Anuncian que na vindeira sesión plenaria preguntarán por este asunto e tamén polos motivos que alega o Concello do Pino para non instalar o modelo actual de marquesiña que ten aprobado a Xunta de Galicia.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page