O PSOE de Touro pide actividades para nenos con diversidade funcional
Ecos da Comarca/Touro
O Grupo Socialista do Concello de Touro solicita ao goberno que estude a posibilidade de
incluír algunhas actividades onde as nenas e nenos con diversidade funcional poidan
participar.

A voceira do Grupo Socialista, Gemma V. López destaca a importancia de que as nenas e
nenos e tamén adolescentes con diversidade funcional poidan tomar parte nas
actividades socioculturais, nas que do mesmo xeito que o resto das e dos participantes,
poidan gozar dos beneficios que xeran para o seu benestar persoal, sobre todo as
aquelas desenvolvidas na auga.
"Está proposta faise tamén co fin de favorecer, a través de actividades recreativas e de
lecer, a cohesión, inclusión e integración social e participativa de nenos, nenas e
adolescentes con algún tipo trastorno ou calquera outra circunstancia que derive en
problemas sociais, de atención ou de relación", aclara a edil socialista.
Por iso, o PSdeG-PSOE de Touro esixe ao goberno de Ignacio Codesido (PP) crear un
programa específico para atender as necesidades destas rapazada para incluilos dentro das actividades socioculturais e de lecer organizadas polo Concello "de maneira que poidan gozar co resto das e dos seus compañeiros ".








Comentarios