Ecos da Comarca/Touro

A voceira do PSOE de Touro, Gemma V. López pediu que a bandeira arco da vella, símbolo do colectivo LGTBI, colgue na fachada principal do Consistorio . A edil lembra que estamos a pique de entrar na semana do orgullo LGTBI, unha semana de reivindicación de igualdade de dereitos para todos e todas, na que piden que se poña fin á discriminación por razón de orientación sexual ou identidade de xénero.
As e os socialistas aseguran que un simple xesto “di moito de nós como sociedade”, e que colgue a bandeira arco da vella na Casa do Concello “sería un motivo máis para sentirnos un Concello máis comprometido e máis xusto e faría que Touro fose "un concello orgulloso cheo de cores e non un concello en branco e negro".
Comments