A proposta inclúe os desprazamentos ao centro de saúde, a farmacias, a facer a compra e a facer xestións municipais e bancarias
Ecos da Comarca/Touro

A candidata socialista á Alcaldía de Touro, Gemma V. López, levará no seu programa electoral a gratuidade dun servizo de taxi para persoas maiores, dependentes e familias vulnerables para ir ao centro de saúde, a farmacias, a facer a compra e a facer xestións municipais e bancarias.
Segundo ela, estas iniciativas, na súa maioría, están pensadas para correxir a ausencia de
unhas políticas que beneficien a unha maioría e non a uns cantos, e que o diñeiro público sexa destinado a mellorar a vida da xente. López afirma que "os servizos teñen que estar cerca da cidadanía e desde o Concello hai que facilitar o máximo posible esa cercanía por ser a administración máis cercana á xente"
“Cun cambio na Alcaldía o 28 de maio cambiaremos o reparto inxusto de recursos públicos e remataremos coa tacañería social que levan sufrindo os veciños nestes 30 anos de goberno do PP por verdadeiras políticas públicas e sociais que irán dirixidas as e os tourenses que máis o necesitan”, sentencia López.
Comments