top of page

Xogadoras e xogadores do Pino gañaron en Holanda o Campionato Europeo de fútbol gaélico

Durante a recepción oficial no salón de plenos, xunto ao seu adestrador e familiares, Manuel Taboada e Borja Castro entregáronlles unha medalla conmemorativa


Laura Moure/O Pino

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, felicitou as xogadoras e xogadores deste municipio que a pasada fin de semana se proclamaron en Holanda campioas e campións de Europa de fútbol gaélico en categoría cadete ao gañar o European Féile 2026. “Deixastes o nome do Pino no máis alto nun torneo continental, algo que é moi difícil de conseguir”, asegurou

Taboada Vigo, que tivo palabras de ánimo para a lesionada Claudia Iglesias, e trasladoulle

os parabéns de todo o municipio a Carla Suárez, elixida mellor xogadora do torneo.


A mocidade do Pino formou parte dos equipos Supernova (feminino) e Lugh (masculino) que o pasado sábado disputaron en Maastricht (Países Baixos) o European Féile 2026 de categoría cadete.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

O equipo Supernova estaba formado, na súa gran maioría, polas xogadoras do Pino Alba

Ferro, Claudia Iglesias, Claudia López, Sofía Penas, Sofía Pérez, Lucía Castro, Ana Mecías,

Ángela Fandiño, Nerea Garea e Carla Suárez.


Pola súa banda, David Souto, Brais Sandá e Iker Naveiro formaron parte do equipo Lugh

xunto con outros xogadores de Friol.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Na recepción oficial que lles ofreceron o alcalde e o concelleiro de Deportes do Pino, Manuel Taboada e Borja Castro entregáronlles unha medalla do Concello, “en recordo por este éxito que acabades de conseguir”. Ademais de familiares, no acto estivo tamén presente David de la Torre, adestrador dos equipos xunto con Alexandre Sanmartín. Ambos forman parte da Asociación de Fútbol Gaélico da Federación Galega de Fútbol, que impulsa o proxecto Gaélico Escolas para promover este deporte en Galicia.


No torneo celebrado en Holanda o pasado sábado os dous equipos galegos enfrontáronse a conxuntos de Alemaña, de Bruxelas, de Francia e de Luxemburgo, demostrando un gran nivel ademais de moito talento e espírito de equipo.


O Supernova feminino superou a fase de grupos gañando dous partidos e perdendo un. Na semifinal impúxose ao Agen A e conseguiu o título tras derrotar o Frankfurt nunha final moi disputada.


O Lugh masculino completou un torneo impecable, proclamándose campión invicto tras gañar a Bruxelas, a Berlín e a Luxemburgo, ao que se impuxo na final por 11-7.


Ademais dos éxitos colectivos, Carla Suárez foi recoñecida como MVP do torneo, premio como mellor xogadora do campionato polo seu gran nivel durante toda a competición.

Tras a recepción oficial, xogadores e xogadoras fixéronse unha foto oficial co alcalde e concelleiro, e outra cos familiares, antes de poñerlle a camiseta oficial que luciron en

Holanda ao Galo Piñeiro que está diante da casa consistorial do Pino.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page