top of page

O PSOE de Touro esixe á Xunta o normal funcionamento do centro de saúde do municipio

Ecos da Comarca/Touro

O PSdeG de Touro amosa a súa preocupación "pola falla de médicos de atención primaria e de pediatras do centro de saúde ante negativa da Consellería de Sanidade a cubrir as baixas por vacacións".

Segundo a voceira do Grupo Municipal Socialista, Gemma V. López, o "claro afán privatizador da Sanidade e falla de previsión na cobertura de profesionais que se van xubilando e os cativos investimentos están levando á catástrofe total o principal piar do estado de benestar".

Os socialistas esixen ao PP de Touro "que deixe de poñerse de perfil e que se poña a reclamar unha solución" e que se poña "a carón das veciñas e veciños de Touro".

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page