O PSOE de Touro denuncia "o abandono da piscina municipal" e reclama o seu arranxo
- ecosdacomarca

- 14 jul 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Touro
O PSdeG de Touro lamenta o estado no que se atopan as instalacións da piscina municipal de Touro e reclama ao goberno local o seu mantemento. “A propia cidadanía trasladounos as queixas do lamentable estado da nosa piscina, cuxo mantemento é responsabilidade do goberno local”, sinala Gemma López, voceira socialista de Touro.

Entre as deficiencias da instalación inclúense "os asentos rotos, as escaleiras da piscinas frouxas e os sanitarios están avariados. Tamén se deberían de habilitar espazos con sombra, que actualmente non existen. Ademais, a instalación segue sen contar cunha
piscina infantil”, sinala a voceira.
Por todo isto, exíselle ao goberno local do Partido Popular que "realice os traballos
necesarios para que a cidadanía de Touro poida gozar da piscina municipal coidada,
especialmente dadas as vagas de calor que sufrimos”, engade a voceira. Neste sentido, a socialista explica que o mantemento dos espazos e instalacións públicas “do noso municipio debe ser unha cuestión prioritaria”.López tamén fai referencia á “lamentable imaxe que proxectamos cando se abandona un mantemento mínimo desta instalación, ademais de que poñemos en escaso valor os nosos espazos de lecer e saúde”.







Comentarios