top of page

O PSOE de Touro critica que os orzamentos da Xunta para 2023 "discriminan aos veciños do concello"

Ecos da Comarca/Touro

O PSdeG-PSOE de Touro lamenta "o desprezo que fai a Xunta de Galicia ao Concello e as súas veciñas e veciños ao destinar cero euros en investimentos no municipio nos orzamentos da Xunta para o ano 2023".

“Estas contas non están á altura do que o noso pobo necesita: son unha oportunidade perdida, un documento contable que non contempla modelo de país nin estratexia nin proxecto para o noso Concello”, afirma Gemma López, portavoz dos socialistas de Touro.


O Grupo Socialista afirma que o “PPdeG de Núñez Feijóo, Rueda e Codesido están instalados na rutina á que nos teñen acostumados” e critican duramente que “non atenden ás carencias, que son moitas, do noso municipio”.

Cabe mencionar que a semana pasada distintos partidos políticos diferentes ao PP presentaron tamén as súas queixas polos orzamentos da Xunta para o 2023. Foi o caso do PSOE de Melide ou dos alcaldes de Silleda (PSOE), Agolada (Partido Anticorrupción y Justicia) e de Vila de Cruces (Xuntos polo Noso Concello), así como o BNG de Deza.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page