top of page

O PSOE de Touro acusa ao PP de "dilapiar máis de 10.000 euros no último ano en xuntas de goberno"

Ecos da Comarca/Touro

O PSdeG-PSOE de Touro acusa ao equipo de goberno de Ignacio Codesido (PP) de "dilapidar diñeiro público, a pesar da crise na celebración de Xuntas de Goberno

innecesarias e sen xustificación e criterio algún".

O Consistorio de Touro. Autor: Ecos da Comarca.

A voceira socialista, Gemma V. López, adiantou que desde o grupo municipal do PSdeG-PSOE xa solicitaron ao principio de lexislatura ao alcalde, "que reducise o número de Xuntas de Goberno de tres a unha mensual xa que suporía un aforro nas arcas municipais duns 10.000 ao ano, pero negouse".


Así mesmo, recalca que "non podemos permitir que sigan dilapidando o diñeiro público de todos os veciños en 'soldos encubertos' para as concelleiras e concelleiros que non teñen adicación". Para a voceira municipal "é bochornoso e inadmisible que coa grave situación que están a vivir centos de familias da localidade que apenas chegan a fin de mes, polos prezos da gasolina, a electricidade e a cesta da compra o PP de Touro continúa usando o diñeiro de todos no seu propio beneficio".

Ademais, considera que " o PP non coñece outra forma de xestionar que non sexa a de malgastar o diñeiro público é levalo para as súas casas e para a dos seus simpatizantes". As e os socialistas aseguran que Touro se atopa "ante o final dun ciclo".

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page