top of page

O PSOE de Camba e Unidade por Rodeiro asinaron onte o pacto de goberno

Tamén desvelaron as áreas delegadas a cada concelleiro

Laura Moure/Rodeiro

As pasadas eleccións municipais deron como resultado un cambio de goberno en Rodeiro, no que o PP perdeu a maioría absoluta, o que fixo que o socialista José Luis Camiñas se fixera coa Alcaldía de Camba. No pleno de investidura o PSOE contou co apoio de Unidade por Rodeiro e este venres confirmouse o bipartito co que gobernarán ao longo destes vindeiros catro anos. Desta forma, Alberte Lamazares, de UxR, será o tenente de alcalde.

Lamazares e Camiñas, onte. Autor: Ecos da Comarca.

Este venres tivo lugar no salón de plenos a sinatura de pacto de goberno entre PSOE de Rodeiro e UxR e tamén se desvelaron as áreas delegadas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Así mediante unha Resolución de Alcaldía, de conformidade co que dispoñen os artigos 21.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL), artigo 61.3 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia (LALG) e artigos 43 e 44 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF),

RESOLVO:


Primeiro.- Conferir delegacións especiais nos servizos que se especifican a favor dos/as concelleiros/as que deseguido se sinalan. As delegacións comprenderán a dirección interna e

a xestión dos servizos correspondentes en todo o Concello, excluída a facultade de resolver

mediante actos administrativos que afecten a terceiros.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Alberte Lamazares Casero: economía, educación, deportes, xuventude e sector primario.

Begoña Vázquez López: urbanismo, traballo e servizos sociais.

Manuel García Deza: servizos básicos, medio ambiente e emerxencias.

Patricia Hermida Deza: infancia, igualdade e transformación dixital.

Julia Dacal Juiz: cultura, turismo, patrimonio, comercio e sanidade.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Segundo.- Desta Resolución darase conta ao Pleno do Concello na primeira sesión que celebre

e notificarase persoalmente aos/ás designados/as, publicándose no taboleiro de anuncios do

Concello e no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da efectividade dos devanditos

nomeamentos e delegacións dende o día seguinte á data da presente Resolución.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page