Laura Moure/Silleda
O PSdG - PSOE de Silleda vén de nomear nunha asemblea a nova equipa que dirixirá o partido nos vindeiros catro anos, co principal obxectivo de revalidar a Alcaldía que ostentan xa dende fai 15 anos. Así pois, por unanimidade de toda a militancia, vén de transformarse a actual executiva, nunha nova estrutura orgánica máis numerosa, potente e preparada para o reto electoral que, conformada por 19 membros, mantén a Paula Fernández como secretaría Xeral, e a Javier Gonzalez como Secretario de Organización.
No bloque da acción política, e en concreto na área de política institucional mantense tamén o alcalde Manuel Cuiña, mentres que se incorpora a tenente de alcalde, Mónica
González, na Política Municipal, e o exsecretario de Organización do PSdG PSOE Galego, Pablo García que pasará a ocuparse da Política Autonómica. Ana Luisa González Costa, exconcelleira silledense, asumirá a área de Igualdade que en todo caso, as súas accións, terán un carácter transversal no organigrama da executiva; mentres que Ángela Troitiño, actual concelleira de servicios sociais asumirá a área de Políticas sociais, incluído nas mesmas Maiores e Sanidade.
No plano electoral, confórmanse tres areas fundamentais para encarar o proceso das eleccións municipais, e as dirixirán Pili Peón, actual concelleira de goberno, que asume o encargo da área de militancia e dinamización electoral; Jose Manuel Castro, a área de Planificación e Estratexia Electoral e Javier Estévez, será quen se encargue de todo o vinculado á Participación, redes sociais e comunicación.

Entre as novas incorporacións a esta executiva están, Asunción García que dirixirá a área Movementos Sociais e Dinamización da Cidadanía; Estefanía Taín que asume a área de Políticas para o Reto Demográfico. Estas áreas son ademais de nova creación no organigrama da executiva, e veranse complementadas co traballo que desenvolverá outro novo membro, Benjamín Valiñas, que se encargará da área de Medio Rural.
Tamén son novas as incorporacións de Manuel Limia, que asumirá a área de Promoción Económica e Impacto Social; Juan Manuel Fernández, que se encargará de todas as políticas vinculadas as infraestruturas e a Mobilidade; e Flavia Payno que se encargará das políticas de Xuventude, como primeiro paso para a renovación tamén da estrutura das Xuventudes Socialistas de Silleda.
Mantéñense na executiva Iván Laya que cede o testigo da área de Xuventude para encargarse da de Transición Ecolóxica. Retoman tamén o seu cargo como Secretario de Cultura e Educación, Manuel Pena e Lucia Montoto que continuará a fronte de Turismo e Deporte.
Precisamente esta última, Lucia Montoto, foi ratificada xunto a Asunción García e Ana Luisa González Costa como membros do comité provincial do PSDG de Pontevedra no Congreso celebrado fai unas semanas. Unha delegación que ampliouse con dous membros máis, electos por parte da agrupación silledense, o alcalde Manuel Cuiña e o Secretario de organización Javier Gonzalez. De este xeito. estamos ante a maior representación da historia dos silledenses neste órgano provincial, no que cabe recordar que Paula Fernández é a Vicesecretaria Xeral.
Esta potencia histórica móstrase tamén co nomeamento de Pablo García como membro do Comité Nacional Galego, designado directamente polo Congreso Autonómico. Silleda postula tamén a Paula Fernandez como membro de este órgano nos procesos interlocais.
“Estamos nun momento histórico para o partido en Silleda, nunca tivemos tanta representación orgánica, e todo vén derivado do bo facer que ano tras ano todas e
todos os compañeiros socialistas están a facer tanto no Concello como na política
orgánica local”, dixo a reelixida secretaria Xeral Paula Fernández, que anunciou tamén
que, a nova executiva iniciará unha campaña de afiliación para “afianzar o
crecemento de esta agrupación que xa é unha das de maior peso tanto en numero de
militantes como de simpatizantes entre os concellos do noso tamaño de toda gálica. Aspiramos a máis, xa que o partido socialista de Silleda é fundamental para continuar
transformado e modernizando o noso Concello”
Recorda que “a agrupación silledense, é un espazo aberto de participación, tanto a
través da propia organización política como militante, ou como simpatizante” e convida
a toda a cidadanía que o considera a contactar con eles. "A política local é a que
cambia o pobo onde vivimos, por iso é tan importante participar activamente” e
recorda como ten mudado Silleda nos anos de goberno socialista nos que “prestando
máis e mellores servizos, facendo inversión históricas e atendendo as demandas da
xente, pasamos a ser o concello que mellor cumpre economicamente as súas obrigas
de pago de toda a comarca o que demostra que elixir a mellor opción para gobernar
un pobo é fundamental por que despois de 15 anos, seguimos sen escoitar a ningún
responsable do PP explicar por tiñan arruinado o noso pobo”-
Por ultimo, a agrupación silledense agradeceu a asistencia a asemblea de Fini Silva, secretaria de militancia da Executiva Provincial, que veu a poñerse a disposición da
militancia local.
A guerra de Ucrania
A guerra de Ucrania centrou en grande parte o debate mantido durante a asemblea, onde se mostrou o apoio unánime da agrupación ao pobo ucraíno, e toda a disposición
para a colaboración coas autoridades nacionais, con coordinación e unha estratexia
común. Todas e todos os asistentes se puxeron a disposición do alcalde e do equipo de
goberno.
LISTADO COMPLETO DA EXECUTIVA E O RESTO DOS ORGANOS DO PARTIDO
EXECUTIVA LOCAL
PAULA FERNÁNDEZ PENA Sª XERAL
JAVIER GONZÁLEZ SANCHEZ Sª DE ORGANIZACIÓN
MANUEL CUIÑA FERNÁNDEZ Sª DE POLÍTICA INSTITUCIONAL
MONICA GÓNZALEZ CONDE Sª DE POLÍTICA MUNICIPAL
PABLO GARCÍA GARCÍA Sª DE POLÍTICA AUTONÓMICA
ANA LUISA GONZALEZ COSTA Sª DE IGUALDADE
ANGELA TROITIÑO GIL Sª DE POLÍTICAS SOCIAIS
PILAR PEON IGLESIAS Sª DE MILITANCIA Y DINAMIZACIÓN ELECTORAL
JOSE MANUEL CASTRO Sª DE PLANIFICACIÓN E ESTRATEXIA ELECTORAL
JAVIER ESTEVEZ PARADA Sª DE PARTICIPACIÓN, RRSS Y COMUNICACIÓN
ASUNCION GARCIA HERNANDEZ Sª DE MOVEMENTOS SOCIAL E DINAMIZACIÓN CIDADÁ
ESTEFANIA TAIN SURRIBAS Sª PARA O RETO DEMOGRÁFICO
BENJAMIN VALIÑAS NUÑEZ Sª DE MEDIO RURAL
MANUEL LIMIA GONZALEZ Sª DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E IMPACTO SOCIAL
JUAN MANUEL FERNANDEZ PENA Sª DE INFRAESTRUCTURAS E MOBILIDADE
MANUEL PENA FRAMIÑAN Sª DE CULTURA E EDUCACION
LUCIA MONTOTO PEREZ Sª DE TURISMO E DEPORTES
IVAN VILLAR LAYA Sª PARA A TRANSICIÓN ECOLÓXICA
FLAVIA PAYNO GONÇALVES Sº DE XUVENTUDE
MEMBROS DO COMITÉ PROVINCIAL
MANUEL CUIÑA FERNANDEZ
JAVIER GONZÁLEZ SANCHEZ
Xa electas no congreso provincial
ANA LUISA GONZALEZ COSTA
ASUNCION GARCIA HERNANDEZ
LUCIA MONTOTO PEREZ
MEMBROS DO COMITE NACIONAL
PAULA FERNANDEZ PENA (proposta para o proceso interlocal)
Xa electo no congreso nacional
PABLO GARCIA GARCIA
Comments