O PSdeG-PSOE de Touro demanda a Codesido que alivie a subida do recibo da auga
- ecosdacomarca

- 2 ago 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Touro
A voceira do Grupo Municipal Socialista (PSdeG-PSOE) no Concello de Touro, Gemma
V. López, reclama ao alcalde do municipio, Ignacio Codesido (PP), unha "revisión con carácter excepcional" das taxas e prezos municipais a auga para "aliviar" a subida do recibo das familias logo de que a Xunta de Galicia aprobase a Lei da Auga.

A edil advertiu de que "a administración local, que é a máis próxima as veciñas e veciños,
non pode poñerse de perfil ante o grave problema que vai xerar este 'sablazo' do recibo dun ben de primeira necesidade como é a auga, xa que existen numerosas familias que están a ter serias dificultades para poder chegar a fin de mes por mor da crise ocasionada pola pandemia e pola guerra".
"É inxusto que para unha familia de tres persoas que consuman uns 39 metros cúbicos ao
mes pase de pagar 16 euros a pagar 25,52, sen IVE. Chegou o momento de que o goberno municipal do PP sexa valente e adopte cantas medidas sexan necesarias para frear esta situación", indica Gemma López, á vez que engadiu que, "de ser necesario, o Concello ten que poñer fondos propios e aliviar un pouco a economía das familias".







Comentarios