O proxecto ‘Diversidade e igualdade: rompendo barreiras’ de Touro foi seleccionado pola FEMP
- ecosdacomarca
- hace 2 días
- 1 Min. de lectura
Está dirixido á poboación con diversidade funcional e de especial vulnerabilidade
Ecos da Comarca/Touro
O Concello de Touro puxo en marcha o proxecto “Diversidade e Igualdade: Rompendo Barreiras” destinado á poboación con diversidade funcional e de especial vulnerabilidade. Trátase dun programa de actividades de dinamización social mediante obradoiros tutelados, orientados á aprendizaxe e mantemento da saúde física, psíquica e social.

As actividades estanse desenvolvendo dende o mes de marzo ata decembro. As persoas e familias interesadas en participar deben poñerse en contacto cos Servizos Sociais do concello.
Ten como obxectivo principal o empoderamento das persoas con divesidade funcional, reforzando a súa seguridade emocional, a súa resilencia e a súa capacidade para superar barreiras sociais e persoais. Así mesmo, permite un respiro familiar para as súas coidadoras, na súa maioría mulleres.
Publicidade
Agora este programa foi seleccionado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que deste xeito achega financiamento para o seu desenvolvemento.
Comments