top of page

O programa 'Sobes ao autobús do teatro?' chega a Palas de Rei o 1 de maio

Os interesados deben inscribirse previamente


Laura Moure/Palas de Rei

O programa Sobes ao autobús do teatro? chega a Palas de Rei o 1 de maio, para ver a función Os actos e as profecías, que terá lugar no Salón Teatro de Santiago.

O Centro Dramático Galego ten en marcha esta iniciativa que ten como obxectivo achegar o teatro profesional á xente das zonas do rural. Poñen o autobús gratuíto para que a xente poída desprazarse a ver a función en Santiago. Só se paga a función en si, que son 3 euros.


Publicidade

A hora de saída do autobús será dende a Praza do Concello de Palas de Rei ás 11:45 horas, mentres que a hora da función teatral é as 18:00 horas.


Máis información ou inscricións no Departamento de cultura do Concello de Palas de Rei chamanado ao 981 380 001 ou 629 324 528. Tamén, a través do correo cultura@palasderei.org


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page