top of page

O programa Silleda Activa oferta dende novembro pilates para as persoas maiores

Haberá sesións en Silleda e na Bandeira. As inscricións deben facerse no Centro Social dos Maiores


Laura Moure/Silleda

O programa Silleda Activa, do departamento municipal de Benestar Social, inicia o vindeiro mes nova actividade. Así ás sesións de Musicoterapia Xerontolóxica e Ximnasia de Mantemento, súmase a partir do vindeiro mes un cursiño de pilates para as persoas maiores. O custe é de 16 euros ao mes e haberá sesións no Centro Social dos Maiores de Silleda e no da Bandeira.

No caso de Silleda as clases serán os venres pola mañá, con dous grupos: de 10:00 a 11:00 e de 11:15 a 12:15 e no Centro da Bandeira serán os mércores en horario de tarde (de 17:00 a 18:00 horas). Dende o departamento de Benestar a concelleira Ángela Troitiño indica que esta actividade foi moi demandada nas últimas semanas polo colectivo dos maiores.


As persoas que desexen participar teñen que inscribirse no Centro Social de Silleda ou ben chamar ao 986 592 037.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page