O programa 'Sabores e Saberes do Camiño' celebra en Melide un novo showcooking este venres
- Laura Moure

- 12 may 2021
- 1 Min. de lectura
Será a cargo de Mª Luz Valiño, técnico en nutrición
Laura Moure/Melide
O programa Sabores e Saberes do Camiño é un proxecto liderado pola Federación Efas de Galicia que ofrecerá este venres unha nova sesión na Casa da Cultura Mingos de Pita, en Melide. Será ás 17:00 horas.
Sabores e Saberes do Camiño é tamén unha iniciativa proxecto que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, desenvolverá este venres en Melide a súa cuarta sesión a cargo de Mª Luz Valiño, técnico en nutrición, experta en alimentación e cociña familiar e fiel defensora do produto natural e local.
Dúas serán as propostas que se defenderán: Crocante rústico de queixo "Tres viajeros" con amorodos agridoces e Xeado flameado con augardente, elaboracións ambas nas que se exaltará e respetará a pureza e sabor dos ingredientes de proximidade.
O showcooking contará coa asistencia de Marta Fernández, directora do Centro Superior de Hostalaría de Galicia.

Será no Centro Sociocultural Mingos de Pita.
Autor: Ecos da Comarca.






Comentarios