top of page

O programa 'Ler conta moito' volta a Silleda este luns cun obradoiro para aprender a facer Podcast

A cita, para maiores de 10 anos, será no salón de actos da casa da Xuventude ás 17:30 horas


Laura Moure/Silleda

O vindeiro luns día 26 volta a Silleda o programa Ler conta Moito, no que participa a biblioteca municipal Daniel Castelao. O programa centrarase esta vez na comunicación, cun obradoiro para aprender a facer podcast (contidos de audio), e que está dirixido a

maiores de 10 anos.

Os participantes traballarán a escrita, edición e grabación dos audios, con técnicas de locución, teatro e dobraxe, traballando a lectura interpretativa, modulación e locución da voz.


As persoas interesadas poden informarse na propia biblioteca. A cita será ás 17:30 horas

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O programa de fomento da lectura, que tamén contou con outro obradoiro o pasado mes de maio, continuará en Silleda o 24 de outubro, no Día das Bibliotecas, ca función O baúl da tía tola, para o público infantil.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page