O programa de atención integral do Alzheimer retómase en Silleda ca valoración dos usuarios
- Laura Moure

- hace 1 día
- 2 Min. de lectura
Personal técnico de Afapo realizará as valoración do 13 ao 16 na Casa da Xuventude
Laura Moure/Silleda
O programa de atención integral a persoas con Alzheimer e outras demencias e as súas familias volta este ano. Esta iniciativa, que se pon en marcha a través da Asociación de
Familiares de Persoas con Alzheimer de Pontevedra (Afapo), arrancará a vindeira semana ca valoración das persoas usuarias. Así, personal da entidade estará nas dependencias da Casa da Xuventude (rúa Trasdeza) dende o martes 13 ao vernes día 16, en horario de 10:00 a 14:30 horas.

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Dende o departamento municipal desta área, a concelleira de Benestar, Angela Troitiño, fai un chamamento a todas as persoas que teñan familiares con esta doenza ou que estén
empezando cos síntomas. “A veciñanza ten a súa disposición de xeito gratuito este programa de atención integral, con obradoiros de terapia cognitiva e asesoramente preciso sobre estas doenzas”, sinala. As familias poden contactar co departamento chamando ao 986 592 037.
Publicidade
O programa, que atendeu o pasado ano a máis de 30 persoas realizase no Concello de Silleda dende o ano 2014 e ten entre os obxectivos dos obradoiros de terapia cognitiva retrasar e previr a aparición do alzheimer e outras demencias. “Estamos moi satisfeitos con este programa integral que tan bos resultados está a dar, non só para os veciños e veciños que padecen esta doenza senon tamén para as súas familias, con consellos e
indicacións que moitas veces se descoñecen”, sinala a concelleira Ángela Troitiño.
Publicidade
A mellora da calidade de vida, tanto das familias como dos enfermos é o reto específico desta actuación. “O coidado e benestar dos nosos maiores e das persoas que padecen enfermedades coma esta é unha das preocupacións deste goberno municipal, que se manifesta coa posta en marcha de iniciativas coma esta”, sinala a alcaldesa, Paula
Fernández.








Comentarios