top of page

O programa Coidados porta a porta volve a Silleda este mes

Esta iniciativa da Consellería de Política Social presta de xeito gratuíto servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria para persoas maiores de 55 anos


Laura Moure/Silleda

O programa Coidados porta a porta, da Consellería de Política Social, volta de novo ao municipio de Silleda a vindeira semana. A unidade móbil de coidados, que está a percorrer os municipios galegos do rural, estará en Silleda os días 9, 10, 11 e 21 de agosto, prestando unha serie de servizos asistenciais gratuítos a persoas maiores de 55 anos co obxectivo de previr a dependencia.

En concreto ofrécese un servizo de audioloxía (ca valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva), de podoloxía (con consulta básica, valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas) e un servizo de estimulación da memoria. Neste último caso, unha persoa profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres obter máis información do evento.

A unidade móbil ubicarase na rúa I (detrás do centro médico), atendendo en horario de 9:00 a 20.00 horas. As persoas interesadas poden pedir cita previa chamando aos números 622 748 283 623 546 992  ou a través do correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page