O programa 'Coidados porta a porta' volta a Silleda do 1 ao 3 de febreiro
- Laura Moure
- 15 ene 2023
- 1 Min. de lectura
Esta iniciativa da Consellería de Política Social presta de xeito gratuito servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria para persoas maiores de 55 anos
Laura Moure/Silleda
O programa Coidados porta a porta, da Consellería de Política Social, volta de novo ao municipio de Silleda o vindeiro mes de febreiro. A unidade móbil de coidados, que está a
percorrer os municipios galegos e que xa pasou polo municipio en outubro pasado, estará durante tres xornadas en Silleda, os días 1, 2 e 3 de febreiro, cunha serie de servizos de xeito gratuito para as persoas maiores de 55 anos.

En concreto ofrécese un servizo de audioloxía (ca valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva) de podoloxía (con consulta básica, valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas) e un servizo de estimulación da memoria. Neste último caso, unha persoa profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.
A unidade móbil ubicarase na rúa I (detrás do Centro de Saúde), atendendo en horario de 9:00 a 20:00 horas. As persoas interesadas poden pedir cita previa chamando aos números 622 748 283 – 623 546 992 ou a través do mail coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
Charla sobre coidados dos pés
Ademais na primeira xornada, o mércores 1 de febreiro ás 13:15 horas terá lugar no Centro Social dos Maiores de Silleda unha charla informativa, aberta a toda cidadanía, sobre “Coidados dos pés” impartida polo persoal podólogo da citada unidade móbil.
Comments