top of page

O presentador de Informativos Telecinco José Ribagorda será o pregoeiro da Feira do Cocido

Laura Moure/Lalín

José Ribagorda, presentador de Informativos Telecinco, será o pregoeiro da LV Feira do Cocido de Lalín.

O alcalde José Crespo desvela que o xornalista madrileño vai ser o encargado do pregón. Ribagorda é unha das caras máis coñecidas dos informativos nacionais e un dos críticos, informador e escritor gastronómico con máis sona do país, sendo editor da web De Las Cosas Del Comer, un destacado portal de gastronomía.


Ademais, no ano 2011 Pepe Ribagorda recibiu o Premio Álvaro Cunqueiro de Xornalismo Gastronómico polo traballo a prol da gastronómía que fixo ese ano a cadea de Mediaset, mostrando xa a súa afinidade co Cocido de Lalín, tal e como sinala o Concello.

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page