top of page

O prazo para solicitar a bonificación no IBI das explotacións agrarias está aberto ata o 31 de marzo

Silleda foi o primeiro concello en aplicar esta medida, que entrou en vigor en xaneiro de 2017 no municipio

Laura Moure/Silleda

O prazo para solicitar a bonificación do 95% no Imposto de Bens Inmobiles (IBI) para as explotacións agrogandeiras acordada polo Concello de Silleda está xa aberto. A modificación da ordenanza que regula esta bonificación aprobouse en pleno en maio de 2016, entrando en vigor a medida en xaneiro de 2017. A normativa establece que esta medida debe aplicarse con carácter rogado, o que significa que os propietarios das

explotación agrogandeiras deben de solicitar esta bonificación. As solicitudes poden presentarse ata o 31 de marzo. Nos últimos anos tramitáronse preto de 300 solicitudes por anualidade.


Os propietarios de granxas, estabulacións, naves, galpóns, ou invernadoiros –sempre que estén en activo- deben acudir Punto de Información Catastral (PIC) do Concello, situado na planta baixa da Casa do Concello, para solicitar a correspondente bonificación. As persoas titulares de explotación que xa teñan sido beneficiarias noutros anos, tan só terán que acreditar que continúan en activo. Para o caso de novas incorporacións, deberán de presentarse a documentación requerida.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Formularios na web e na sede electrónica

Do mesmo xeito, tamén terán a súa disposición os formularios tanto na web municipal como na Sede Electrónica. Coa modificación da normativa municipal recóllese a bonificación do 95% da parte da cuota íntegra do Imposto de Bens Inmobles (IBI) na construción de instalacións rústicas indispensables para o desenvolvemento de explotacións agrícolas, gandeiras e forestais, coa declaración previa de especial interese e utilidade pública municipal, social e de fomento do emprego.


Unha medida pioneira

Esta medida xurdiu como resposta á aplicación da resolución da Dirección Xeral do Catastro, que marcaba como prazo ata o ano 2016 para levar a cabo a actualización pola cal se teñen que catastrar todas as fincas do rural, así como dar de alta bens como instalacións rústicas, que son catalogadas como almacéns ou vivendas.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A consecuencia disto, as instalacións agrarias pasaron a incluirse nese mesmo ano no Imposto de Bens e Inmobles, pasando a pagar a cota correspondente. Dende o Concello, e acolléndose á normativa que permite as bonificacións potestativas, instouse ó pleno a establecer o máximo permitido de bonificación da cota íntegra do IBI, (95%), declarando ao sector gandeiro como sector estratéxico. Silleda convertiuse no primeiro municipio de Galicia en aplicar esta medida.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Dende o Concello preocederase tamén a colocar bandos informativos en todas as parroquias para avisar aos potenciais beneficiarios deste prazo. A ordenanza establece que a medida é de carácter rogativo, polo que debe de solicitarse por parte dos propietarios con cada anualidade.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page