top of page

O prazo para participar no VII Certame Artístico Concello de Toques 2022 remata o día 6 de maio

A entrega de premios e lectura dos contos gañadores terá lugar o 14 de maio 2022, no Festival Linguafolk, en horario de tarde


Laura Moure/Toques

Os interesados en participar no VII Certame Artístico Concello de Toques 2022 poden facelo ata este venres, 6 de maio. Poden concorrer ao certame os rapaces e rapazas de 0 a 13 anos, cun máximo dunha obra por autor e é de temática libre.

Requisitos:

  • Os contos estarán escritos en lingua galega e terán que ser textos orixinais, inéditos e non premiados en concursos anteriores.

  • Poderán estar escritos a man con letra lexible ou en soporte informático. A extensión é libre, así como a técnica, as ilustracións e presentación.

Os traballos poderán entregarse no CEIP de Toques, no concello de Toques ou na Axencia de lectura de Toques. Cada obra debe levar o formulario de inscrición debidamente cuberto e o prazo de presentación rematará o 6 de maio de 2022. Non se admitirán os entregados fóra de prazo.


Categorías e premios:

  • Categoría mini (0/3 anos).

  • Categoría Infantil.

  • Categoría 1º,2º e 3º Primaria.

  • Categoría 4º,5º e 6º Primaria.

Premiaranse dous contos por cada categoría co seu correspondente agasallo. Todos os participantes terán o seu agasallo de ter participado.


Os membros do xurado, en número impar, serán designados pola Alcaldía de Toques. Os premios outorgaranse por maioría de votos. O xurado poderá eliminar por defecto as obras que non se axusten ao disposto nas bases. A decisión será inapelábel. O comunicado do resultado do certame, entrega de premios e lectura dos contos gañadores terá lugar o 14 de maio 2022, no Festival Linguafolk, en horario de tarde.

Cabe recalcar que o Concello de Toques terá a capacidade de decidir sobre calquera dúbida relacionada coa interpretación das presentes bases; resérvase o dereito de publicación e exposición pública das obras presentadas; non se devolverán os traballos presentados e a participación no certame supón a aceptación destas bases.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page