top of page

O prazo para participar no Campamento de Nadal de Concilia Silleda, aberto dende hoxe, luns 24

As actividades, durante as vacacións de Nadal, serán en horario de mañá e tarde no pavillón do CEIP Plurilíngüe de Silleda e no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda, a través do departamento de Educación e Igualdade que dirixe Ángela Troitiño, organiza nas vacacións de Nadal o campamento do programa Concilia Silleda, en horario de mañá (de 9:00 a 14:00 ) e de tarde (de 16:00 a 20:00 horas) para nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade empadroados no municipio. Esta iniciativa, no

marco do Plan Corresponsables, busca facilitar a conciliación das familias durante as vacacións de Nadal, sumándose a outras iniciativas municipais neste mesmo ámbito, como o Servizo Lúdico Educativo, que continuará durante as vacacións de decembro.


O prazo de inscrición para participar neste campamento abriráse hoxe, luns día 24, e estará aberto ata o mércores 3 de decembro.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

As actividades, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, estarán dispoñibles en Silleda, no pavillón do CEIP Plurilíngüe, e na Bandeira, nas dependencias do auditorio municipal Manuel Dopazo na Bandeira. O custe deste servizo é similiar ao prezo público do Concilia Silleda.


As familias que desexen participar deben de cubrir o modelo normalizado de inscrición dispoñible no Rexistro municipal ou facelo a través da sede electrónica. Para máis información poden chamar ao teléfono 986 592 037. As prazas asignaranse por orde de inscrición. Os formularios de inscrición están tamén dispoñibles na páxina web.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Trátase de actividades que, á marxe do do Servizo Lúdico Educativo, fomentarán a participación e a creatividade dos nenos e nenas participantes, ofertando ao mesmo tempo unha alternativa de conciliación para as familias.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page