top of page

O prazo da Ludoteca de Nadal de Silleda segue aberto ata o venres 15

As actividades, para nenos e nenas de Infantil e Primaria serán no pavillón César G. Fares de Silleda e no Auditorio Dopazo do 22 de decembro ao 5 de xaneiro (agás os festivos)


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda, a través do departamento de Educación que dirixe Ángela Troitiño, organiza nas vacacións de Nadal unha ludoteca, en horario de mañá, para nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade empadroados no municipio. Esta iniciativa, que xa se estrenou hai dous anos, busca facilitar a conciliación das familias durante as vacacións de Nadal, sumándose a outras iniciativas municipais neste mesmo ámbito, como o Servizo Lúdico Educativo.

A ludoteca, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, contará con actividades en Silleda e na Bandeira, de luns a venres dende o 23 de decembro ao 5 de xaneiro, sendo o centro de actividades o pavillón deportivo César G. Fares en Silleda e o auditorio Manuel Dopazo na Bandeira.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O custe deste servizo é de 55 euros (45 euros no caso da asistencia do segundo irmán/á ou sucesivos).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O prazo de inscrición continúa aberto ata o vindeiro venres día 15. As persoas que desexen participar deben de cubrir o modelo normalizado de inscrición dispoñible no Rexistro municipal ou facelo a través da sede electrónica. Para máis información poden chamar ao teléfono 986 592 037. As prazas asignaránse por orde de inscrición.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Trátase de actividades que, á marxe do campamento de Nadal do Servizo Lúdico (que xa ten todas as prazas cubertas), fomentarán a participación e a creatividade dos nenos e nenas participantes, ofertando ao mesmo tempo unha alternativa de conciliación para as familias.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page