top of page

O PP foi a forza máis votada nestas eleccións xerais, pero non obtén a maioría absoluta

Das comarcas, o alcalde de Lalín, José Crespo, saíu elixido senador


Ecos da Comarca/Xeral

Este domingo celebráronse as eleccións xerais, dous meses despois das municipais, e en plena época estival. Coincidindo coas vacacións de moitos cidadáns, o voto por correo foi máis usado ca nunca. O PP liderado polo expresidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo gaña estes comicios, pero non obtivo a maioría absoluta, nin sequera sumando os votos obtidos por VOX.


RESULTADOS:

  • PP: 136

  • PSOE: 122

  • VOX: 33

  • SUMAR: 31

  • ERC: 7

  • Junts: 7

  • EH Bildu: 6

  • PNV: 5

  • BNG: 1

  • CCA: 1

  • UPN: 1


ALGUNHAS DAS DECLARACIÓNS

"Como candidato máis votado intentarei gobernar este país de acordo aos resultados. O meu deber é abrir o diálogo para liderar desde o primeiro minuto e intentar gobernar ", adianta Feijóo.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
"Convoquei as eleccións porque había que decidir que dirección tomar, o bloque involucionista do PP e VOX ou o das libertades. España foi ben claro. O bloque involucionista fracasou", resalta o socialista Pedro Sánchez

"Hoxe creo que a xente vai durmir máis tranquila. Gañamos. Hoxe é un país mellor", recalca Yolanda Díaz, líder de Sumar.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Haberá que agardar aos vindeiros días, para coñecer quen será o presidente de España, en función dos pactos de goberno que se leven a cabo, aínda que todo apunta a que gobernará de novo a esquerda.


Dicir que en canto as comarcas, o actual alcalde de Lalín, o popular José Crespo, será Senador e ocupará así un escaño na Cámara Alta os vindeiros catro anos. Cabe mencionar que tamén foi senador no mandato comprendido entre 2016 e 2019 estando o PP na oposición.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page