top of page

O PP denuncia "o abandono do tripartito co arranxo da ponte de Maroxo, un ano despois do seu peche"

Ecos da Comarca/Arzúa

O PP de Arzúa indica que o vindeiro 22 de outubro cumprirá un ano dende o peche e posterior derrubo parcial da ponte de Maroxo, sobre o río Iso. "Dende aquela, os veciños sofren un problema crecente: só lles restan dous accesos, un deles pola Fonte Santa, con firme en mal estado e trazado perigoso, e outro por San Miguel, que supón un rodeo considerable. A veciñanza xa protestou publicamente a mediados de setembro para denunciar a situación".

ree

O Partido Popular de Arzúa lembra que xa no pleno ordinario de abril presentou unha moción para reclamar a reparación urxente da ponte. "A proposta foi rexeitada polo tripartito (BNG, PSOE e Alternativa de Arzúa), que votou en contra da urxencia, impedindo que se debatese".


Nos últimos días, o PP tivo coñecemento de que o "Concello non remitira aínda a Augas de

Galicia a memoria do proxecto necesaria para a súa aprobación, trámite imprescindible para iniciar a obra". "Con todo, o alcalde Xoan Xesús Carril declarou publicamente fai un mes que a memoria xa fora enviada tres meses antes. O alcalde ou mentiu, ou falou sen preocuparse de comprobar a información. En calquera caso, estamos diante dunha irresponsabilidade grave que evidencia a súa desidia”, denuncia Rafael Rivadulla, portavoz do PP.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O voceiro popular engade: “Os veciños de Maroxo non poden seguir pagando coa súa seguridade e co seu tempo a incompetencia do goberno local. O tripartito leva un ano

mareando a perdiz, preocupados en cuestións ideolóxicas, mentres a ponte segue caída e as familias prexudicadas”.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O PP de Arzúa esixe explicacións inmediatas ao alcalde e unha tramitación urxente da memoria en Augas de Galicia para que se desbloquee canto antes a reparación da ponte.

“Cada día de atraso é unha mostra máis da desidia dun goberno incapaz de xestionar nin o máis básico”, conclúe Rivadulla.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page