top of page
Foto del escritorLaura Moure / IsmaelRS

O PP de Rodeiro perde a maioría polo que pasará a estar gobernado polo PSOE e UxR

Laura Moure/IsmaelRS/Rodeiro


ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023. RESULTADOS

 

Despois da intensa campaña electoral, hoxe, domingo, foi a quenda dos veciños. Co seu voto decidiron en toda España quen ocupará a súa Alcaldía ao longo destes vindeiros catro anos. Os centos de veciños das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa pasaron polas urnas. Cabe mencionar que en total nos 17 municipios había 60 candidaturas.

En Rodeiro o PP perdeu a maioría absoluta polo que todo apunta que gobernará un bipartido formado por PSOE e Unidade por Rodeiro.


OS RESULTADOS son:

  • PP ( 5 concelleiros)

  • PSOE ( 4 concelleiros)

  • Unidade por Rodeiro (2 concelleiros)

O candidato socialista, José Luis Camiñas, xa se pronunciou nas redes sociais:

GRAZAS VECIÑ@S.... O PSOE GOBERNARÁ EN RODEIRO!!! TOCA NEGOCIAR CON UXR. No día de hoxe, os veciños de veciñas de Rodeiro votastes de forma masiva nestas eleccións, algo do que nos alegramos infinitamente e decidistes, en liberdade, que o PSOE teña a posibilidade de gobernar Rodeiro. Estamos infinitamente agradecidos a todos os veciños e veciñas, aos que nos apoiastes e aos que votastes a outras forzas políticas. Seremos o partido de todos e todas. Porque todos formamos parte do máis importante: RODEIRO. Grazas a todos e todas. Hoxe é un día de festa. Pero mañá toca traballar. A herdanza non é boa, pero traballaremos dende o minuto cero polo noso pobo. Grazas a toda a nosa xente socialista, aos membros da candidatura e tamén a todos os nosos afiliados e simpatizantes que tanto nos axudaron nesta campaña. HOXE EMPEZA UNHA NOVA ERA, GRAZAS RODEIRO!


No caso de Rodeiro optaban a Alcaldía estas tres candidaturas: PP, PSOE e Unidade por Rodeiro. Poden consultarse as listas no seguinte enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/tres-candidaturas-aspiran-%C3%A1-alcald%C3%ADa-de-rodeiro

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page