top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O PP de Melide reitera a necesidade inaprazable e urxente ao tripartito melidense de convocar a Xunta Local de Seguridade

“É unha irresponsabilidade que ante os graves problemas que existen na vila non se soliciten reforzos, non se poñan enriba da mesa os problemas de roubos, okupacións ilegais de vivenda, tráfico de drogas e falta de efectivos e se mire para outro lado", sinala



Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide acaba de rexistrar outra solicitude para reiterar a necesidade inaprazable e urxente de que o alcalde melidense convoque sen dilación a Xunta Local de Seguridade ante a situación de inseguridade que vive a vila.

"O mes pasado fíxemonos eco desta necesidade toda vez que os veciños e veciñas se puxeron en contacto con nós para denunciar que se vían desvalidos ante a vaga de roubos que estaban sufrindo sen que ata agora, trascendese a posición do tripartito local sobredeste asunto. “Mirar para outro lado, deixar pasar as cousas conclúe nunha situación de desamparo veciñal e incluso de indefensión para os Corpos e Corpos de Seguridade da vila que operan na nosa demarcación” reitera a portavoz popular, Dalia García, ante a "pasividade" do goberno local.


Publicidade

Sinala ademais que "non existe nin unha nin dúas situacións de okupación ilegal de vivenda, unha acontecida este mesmo fin de semana, sen que o tripartito local, informado sobre o asunto, convocase aínda a Xunta Local de Seguridade segundo as nosas informacións. Preocúpanos sobre maneira a cantidade de roubos que día si e día tamén sofren os veciños tanto no casco urbano, nos comercios, como no rural melidense que se resolven con impugnidade ante a falta de efectivos".


Publicidade

Por iso, o PP solicita que estes e outros temas de interese municipal se traten coa Delegación do Goberno que é quen ten as competencias sobre este tema, e se faga, polo ben de Melide, o antes posible.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page