O PP de Melide pide máis seguridade vial no Camiño Primitivo e noutras zonas moi concurridas
“A maleza fai que o peregrino e os veciños non poidan discorrer nos seus paseos diarios a unha distancia de seguridade razonable dos vehículos, facendo que teñan que poñerse en perigo nos puntos cegos"
Ecos da Comarca/Melide
O PP de Melide reclama máis e mellor mantemento en certas vías de titularidade local polas que discorre un alto número de viandantes, incluído peregrinos. “Varias parroquias de Melide atópanse a estas alturas sen desbrozar e isto provoca situacións de inseguridade viaria; convidaría aos actuais responsables municipais que pasearan polos tramos peri-urbano de O Forte ou o Ribeiro no que a maleza invade a beirarrúa ou parroquias como Zaramil polas que discorre o Camiño Primitivo no que existe perigo para veciños e peregrinos se a vía non está despexada”, sinala a portavoz do PP, Dalia García.

Dende a formación popular instan ao bipartito Pérez-Prado a necesidade de coordinar os traballos de desbroce en todas as parroquias “que deixa moito que desexar” para o grupo municipal do PP así como a necesidade de asegurar o peón que cando vén o bo tempo sae máis asiduamente a pasear. "Se un concello non coida a imaxe, a seguridade, ata o punto de ter que baixar da beirarrúa para poder transitar, é unha mostra máis do pouco traballo e esforzo que se pon na carteira de obras e servizos municipal nestes e outros moitos traballos,” sinalan dende a formación popular.








Comentarios