top of page

O PP de Melide asegura que "o Concello incumpre a estabilidade orzamentaria e terá que aprobar un Plan Económico-Financeiro para 2025-2026"

Ecos da Comarca/Melide

O Grupo Municipal Popular de Melide asegura que o Concello "incumpre o obxectivo de estabilidade orzamentaria e, como consecuencia, verase obrigado a aprobar un Plan Económico-Financeiro (PEF) nas anualidades 2025- 2026. Este feito xa fora anticipado polo PP nos últimos plenos, alertando das consecuencias das modificacións orzamentarias aprobadas durante os anos 2023 e 2024".


Desde o Grupo Popular sinala que se lle advertiu "reiteradamente de que a xestión do goberno local conduciría a unha situación de inestabilidade económica. A realidade confirmouse agora cun desequilibrio orzamentario de -53.293,54 euros, segundo os informes emitidos pola Intervención Municipal, que obrigan á posta en marcha do correspondente PEF".

A portavoz popular, Dalia García, lembra que “o noso grupo xa advertiu no pleno de aprobación dos orzamentos de 2025 que o Concello incumpría a regra de estabilidade, algo que agora se constata oficialmente”. García sinala que “o tripartito liderado por Pérez puxo en marcha unha política económica baseada no gasto corrente sen planificación,

sen investimentos estruturais e esgotando o aforro municipal que deixou o anterior goberno, con máis de 4 millóns de euros en remanente de tesourería”.


Segundo a documentación achegada para o seu debate no vindeiro pleno ordinario, os motivos principais do incumprimento, de acordo co informe da Intervención, son: "A realización de gastos por riba da consignación orzamentaria prevista no exercicio 2024, que correspondía a un orzamento prorrogado do ano 2022, incrementando o déficit no capítulo de gasto corrente ata os -52.782,86 euros. A tramitación de modificacións orzamentarias por un total de 1.800.000 euros, incluíndo o financiamento do canon de depuración de Augas e para financiar aumentos de gasto de persoal e gasto corrente por importes de 900.000 e 650.000 euros, entre outros conceptos. Estas modificacións foron financiadas con cargo ao remanente de tesourería, a pesar das advertencias reiteradas da Intervención Municipal sobre os límites legais e a necesidade de prudencia fiscal".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desde o PP acúsase ao goberno local de “desatender sistematicamente as advertencias

dos técnicos municipais, malgastar recursos en gasto corrente mediante contratos menores —moitos deles con reparos de Intervención— e abandonar proxectos fundamentais para Melide como a piscina municipal, o parque empresarial, a rede de

saneamento ou as melloras nas parroquias”.


O Grupo Municipal Popular considera este incumprimento unha mostra máis da “ineficacia

e falta de rigor dun goberno que non planificou nin executou proxectos estratéxicos para o

futuro do municipio e que, agora, ten que afrontar as consecuencias da súa xestión”.




Коментарі


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page