top of page

O PP de Arzúa lamenta que o tripartito non votara decididamente pola súa a iniciativa de impulsar novo solo industrial

Ecos da Comarca/Arzúa

O Partido Popular de Arzúa lamenta que "o goberno tripartito non votara decididamente a favorda moción popular presentada no pleno ordinario deste xoves, para dotar ao municipio de novo solo industrial, unha demanda histórica tanto por parte da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA) como doutras empresas arzuás e foráneas.

Alternativa por Arzúa votou a favor mentres o BNG votou en contra, a pesares de que se

comprometeu a comezar a estudar as opcións. O PSOE estivo ausente no pleno".

ree

A proposta instaba ao Concello a abrir de inmediato negociacións coa Xunta e con Xestur para estudar as opcións máis viables: a fase 3 do polígono industrial, que presenta dificultades técnicas e económicas, unha zona próxima ou ben unha nova área, como pode ser en Pastoriza, na saída da A-54.


 PUBLICIDADE

ree

“O tripartito volve demostrar a súa falta de unidade, de sensibilidade co tecido empresarial e coas necesidades reais de Arzúa. Non teñen proxecto político para atraer empresas nin

poboación, e seguen instalados na inacción. Iso si, dedican tempo e recursos a batallas ideolóxicas contra Altri ou a Mina de Touro, pero son incapaces de ofrecer alternativas reais que creen emprego e futuro no noso concello”, criticou o voceiro popular Rafael Rivadulla.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O PP insta ao goberno local "a actuar agora, pois do contrario Arzúa perderá empresas e

oportunidades en beneficio doutras localidades". “É incomprensible que, tendo unha situación estratéxica privilexiada no centro de Galicia, o goberno local non teña máis responsabilidade e máis ambición”, concluíu Rivadulla.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page