top of page

O PP de Arzúa denuncia "unha nova pintada política con selo de Galiza Nova"

Os populares critican que, ás portas da Festa do Queixo, "o BNG volve politizar o espazo público mentres as parroquias seguen abandonadas"


Ecos da Comarca/Arzúa

O Partido Popular de Arzúa denuncia a aparición "dunha nova pintada política no mesmo muro onde durante a xornada de onte (por antonte) se procedeu á eliminación dunha anterior intervención ilegal, tal e como xa fora denunciado polos populares en de xullo de 2025".

Nesta ocasión, indica o popular, "a pintada leva novamente o selo de Galiza Nova e inclúe unha bandeira de Galicia coa estrela nacionalista e a frase “Arzúa antifascista”. Para o PP, trátase "dun novo exemplo de utilización partidista do espazo público por parte do nacionalismo local".


O voceiro popular, Rafael Rivadulla, lamenta que “mentres os veciños pagan as consecuencias do abandono do Concello, o BNG segue centrado en facer política de bando, apropiándose dos espazos públicos como se fosen da súa propiedade”.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Rivadulla lembra que “onte mesmo se retirou unha pintada ilegal no mesmo punto, e hoxe

volvemos estar na mesma situación. Isto demostra que aquí non hai vontade de poñer orde nin de facer cumprir a normativa, senón permisividade interesada”.


O Partido Popular considera "especialmente grave" que estes feitos se produzan ás portas

dunha nova edición da Festa do Queixo de Arzúa, "un evento que debería ser patrimonio común de todos os veciños e non unha plataforma de confrontación política". “Moito nos tememos que o BNG vaia aproveitar a Festa do Queixo para intentar sacar rédito político, como xa fixo noutras ocasións, coa calada por resposta de Alternativa por Arzúa e do

PSOE, que sosteñen este tripartito sen criterio nin rumbo claro”, sinala o portavoz popular.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Desde o PP insisten en que mentres "o goberno local se dedica a este tipo de accións e debates ideolóxicos, a realidade do municipio é ben distinta: vías de comunicación nas

parroquias con fochanchas, ausencia de planificación para dar servizos públicos, e unha vila cada vez máis desatendida". “O que temos é un goberno desconectado da realidade. Prioridades equivocadas, falta de xestión e unha clara utilización política das institucións. Arzúa non necesita máis pintadas nin máis propaganda; necesita traballo serio e solucións reais”, concluíu Rivadulla.


O PP de Arzúa esixe que se garantice o respecto á legalidade, que se depuren responsabilidades se procede e que "o tripartito deixe de utilizar o Concello como ferramenta ao servizo dun proxecto partidista alleo ás preocupacións diarias dos veciños".




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page