top of page

O PP de Arzúa critica as primeiras xestións da Festa do Queixo, "de forte orientación política"

"A xestión da festa deixará de depender de empresas locais para cambiar por unha empresa cun responsable vinculado ó BNG", sinalan os populares


Ecos da Comarca/Arzúa

Tras facerse públicos os primeiros detalles da 50 edición da Festa do Queixo de Arzúa, os

populares mostran as súas críticas á xestión da mesma. Tradicionalmente, a Festa do Queixo vense celebrando (salvo algunha excepción) na primeira fin de semana de marzo. Considera Rafael Rivadulla, voceiro dos populares “que a Festa do Queixo ten o peso suficiente como para que se respecte a data, e é perfectamente compatible co Entroido, como xa se ten comprobado noutras edicións; a data debería ser inamovible“.

Outra critica do Partido Popular é en relación "á decisión do Concello de prescindir da única promotora musical local, para delegar a xestión da mesma a unha empresa foránea". Afirma Rivadulla que “o goberno tripartito arzuán (BNG-AXA-PSOE) presume a diario de

apostar polo local, de mirar pola xente e o comercio do pobo, e á primeira de cambio prescinde dunha destas empresas (Art Music Agency) para a organización do Festival do Queixo”, “incoherencia total, unha vez máis, a deste tripartito”.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Critican os populares que non se lle dese a opción a Art Music Agency "a presentar unha proposta, despois de ser a promotora arzuá a organizadora do Festival do Queixo nas últimas 14 edicións". "A empresa escollida a dedo para esta 50 edición, será NALGURES PRODUCIÓNS S.L., empresa directamente vinculada a Jose M. Blanco Álvarez, irmán de Fernando Blanco, exconselleiro de Industria no goberno bipartito da Xunta e exdeputado do BNG", afirman os populares e engaden "que se isto se dese nun goberno PP, sería denunciado por nacionalistas como unha auténtica cacicada".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page