O PP con Adolfo Campos Vázquez volve gañar as eleccións en Dozón con maioría absoluta
- Laura Moure / IsmaelRS

- 28 may 2023
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/IsmaelRS/Dozón
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023. RESULTADOS
Despois da intensa campaña electoral, hoxe, domingo, foi a quenda dos veciños. Co seu voto decidiron en toda España quen ocupará a súa Alcaldía ao longo destes vindeiros catro anos. Os centos de veciños das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa pasaron polas urnas. Cabe mencionar que en total nos 17 municipios había 60 candidaturas.
Adolfo Campos Vázquez seguirá ocupando o cargo de alcaldable en Dozón, porque así o decidiu este 28M a maioría dos votantes. El convertiuse en mandatario en 2020 cando o seu pai, Adolfo Campos Panadeiros, decidiu deixar o cargo despois de 33 anos. Para el foron os primeiros comicios como candidato, aínda que xa formaba parte da Corporación Municipal como concelleiro.

Os RESULTADOS son:
PP (7 concelleiros)
UCIN (1 concelleiro)
BNG (1 concelleiro).
No caso de Dozón optaban a Alcaldía estas tres candidaturas: PP, BNG e UCIN. Poden consultarse as listas no seguinte enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/tres-candidaturas-aspiran-%C3%A1-alcald%C3%ADa-de-doz%C3%B3n







Comentarios