top of page

O Polo de emprendemento de Silleda estrea axenda cun taller sobre coñecementos en emprendemento

5 sept 2022
2 min de lectura

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, inaugurou hoxe por videoconferencia o primeiro obradoiro que se desenvolve en modalidade en liña desde o Polo, que dá cobertura á área do norte de Pontevedra e Rías Baixas


Laura Moure/Silleda

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, inaugurou hoxe por videoconferencia o taller de competencias básicas de emprendemento no que participan 21 persoas do norte de Pontevedra e Rías Baixas, área á que dá cobertura o Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego situado en Silleda, que celebra a actividade en modalidade virtual.

No curso tomarán parte persoas con mentalidade emprendedora, cunha idea de negocio que aspiran a desenvolver seguindo a filosofía maker, que nace do movemento DIY (faino ti mesmo) e se basea na práctica e preconiza a idea de que todo o mundo pode enfrontar calquera tarefa co apoio especializado.


A actividade forma parte da oferta da Academia Makers, un proxecto enmarcado no programa transfronteirizo Emprende Makers co obxectivo de dinamizar a iniciativa empresarial en Galicia e o Norte de Portugal.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A directora xeral destacou o compromiso da Xunta para proporcionar aos makers ferramentas que lles permitan converter a súa idea ou prototipo nun negocio ou mellora innovadora ao servizo das empresas da Eurorrexión. O taller de competencias básicas de emprendemento que se celebra ata o 28 de setembro, estreouse cunha primeira sesión en liña dun total de 20 horas que integran esta formación, distribuída en catro módulos sobre como presentarse ante as corporacións (módulo 1), como tratar aos clientes (módulo 2), como explotar as vendas (módulo 3) e un cuarto sobre a construción de modelos de negocio escalables e finanzas para o emprendemento.


A actividade está financiada con fondos do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (Poctep).


No mes de setembro están programadas actividades da Academia Makers tamén en Vilanova de Arousa (Pontevedra) e en Coristanco (A Coruña). A través desta iniciativa, o Goberno galego agarda poder asesorar máis de 60 proxectos e dar orixe a unhas 30 empresas, 20 delas en Galicia.


As persoas interesadas poden obter máis información sobre a iniciativa e os polos de emprendemento en: www.emprendemakers.com/ e polosemprendemento.gal.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page