top of page

O Polo de emprendemento de Silleda e Venezolanos do Deza organizan hoxe unha xornada en Lalín

O obxectivo é impulsar o emprendemento e integración na comarca


Laura Moure/Lalín

O Polo de emprendemento e Apoio ao Emprego de Silleda, en colaboración coa Asociación Venezolanos do Deza, celebrará este xoves 25 de xuño de 19:00 a 20:30 horas a xornada “Tecendo colaboracións coa Asociación Venezolanos do Deza”. O obxectivo do encontro é fomentar a conexión entre a comunidade venezolana residente na comarca do Deza e os recursos de apoio ao emprendemento dispoñibles en Galicia, alén de xerar redes que contribúan ao desenvolvemento privado, profesional e empresarial dos participantes.

A actividade desenvolverase na sede da Asociación Venezolanos do Deza, en Lalín, rúa Memorias dun Neno Labrego nº 14, 1º. Será un espazo aberto para compartir experiencias, identificar oportunidades e crear novas colaboracións.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A xornada busca achegar os servizos da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego á comunidade venezolana do Deza e coñecer de primeira man as súas inquietudes, necesidades e propostas. A través do diálogo e a participación preténdese fortalecer os vínculos entre persoas emprendedoras, asociacións e axentes do territorio.


Programa 

  • 19:00 h: Recepción de asistentes e benvida e presentación do Polo de emprendemento de Silleda e os seus servizos.

  • 19:10 h: Presentación da Asociación de Venezolanos do Deza

  • 19:30 h: Dinámica participativa “A miña chegada ao Deza”

  • 20:00 h: Networking emprendedor

  • 20:30 h: Clausura da xornada

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Desde ambas as entidades destacan a importancia de crear espazos que favorezan a integración, a participación activa e o emprendemento como ferramentas para xerar oportunidades e fortalecer o tecido social e económico da comarca.


Inscricións

A asistencia é gratuíta previa inscrición a través da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia e a Asociación Venezolanos do Deza.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page