top of page

O polideportivo de Sobrado dos Monxes pechará temporalmente tras sufrir un acto vandálico

18 may 2021
1 min de lectura

Laura Moure/Sobrado dos Monxes

O Concello de Sobrado dos Monxes lamenta os desperfectos ocasionados no polideportivo do municipio tras un acto vandálico. "Desde o Concello facemos un chamamento ao civismo, este tipo de accións son inadmisibles. As instalacións municipais son de todos e todas e debemos coidar delas para poder empregalas".

Ante esta situación, o polideportivo pechará temporalmente para poder solucionar estas incidencias. "Manterémosvos informados e informadas sobre a súa reapertura ao público", recalca o goberno local.

Desperfectos causados no polideportivo de Sobrado dos Monxes polos vándalos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page