top of page

O Policía Local Martín Camba aborda en Silleda os riscos do ocio nocturno e do consumo de alcohol

As sesións “Menores e Ocio Nocturno”, organizadas polo Concello, desenvolveranse ao longo da xornada en centros educativos e cun encontro aberto ás familias pola tarde


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda acolleu hoxe a xornada formativa e informativa “Menores e Ocio Nocturno”, impartida polo axente da Policía Local de Santiago de Compostela Martín Camba Conde, unha iniciativa dirixida tanto ao alumnado de Secundaria como ás familias, persoas educadoras e público en xeral.

ree

A sesión iniciouse onte pola mañá cunha serie de charlas nos centros educativos do

municipio, o CPR María Inmaculada e o IES Pintor Colmeiro, nas que o alumnado puido coñecer de primeira man os riscos asociados ao consumo de alcohol e a determinadas condutas vinculadas ao ocio nocturno. A xornada continúou pola tarde cunha charla aberta na Casa da Xuventude de Silleda, dirixida a nais, pais, titores, persoas educadoras e persoas interesadas.


Ás sesións asistiron tamén a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, e a concelleira de Educación e Benestar, Ángela Troitiño, que destacaron a importancia de desenvolver este tipo de accións preventivas no ámbito educativo e familiar.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A alcaldesa subliñou que “é fundamental falar con claridade e realismo coa mocidade sobre os riscos do consumo de alcohol e das condutas asociadas ao ocio nocturno, apostando sempre pola prevención e pola información veraz”. Fernández incidiu ademais en que “estas charlas axudan a tomar conciencia antes de que aparezan os problemas e reforzan o papel das familias e da comunidade educativa”.


Pola súa banda, Ángela Troitiño sinalou que “a educación e a prevención son claves para promover un ocio saudable e seguro”, engadindo que “é imprescindible implicar tanto á mocidade como ás familias, ofrecéndolles ferramentas para acompañar e protexer aos menores”.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Durante as sesións, Martín Camba Conde aborda estas cuestións a partir de casos reais, froito da súa ampla experiencia en patrullaxe nocturna e en programas de prevención, alertando das consecuencias legais, sociais e de saúde que poden derivarse do consumo de alcohol en menores e doutras condutas de risco.


Martín Camba é axente da Policía Local de Santiago de Compostela desde o ano 2003 e coordina desde 2021 as charlas de “Ocio Nocturno Seguro” nos centros educativos da capital galega, un programa polo que só o pasado curso pasaron máis de 5.500 persoas entre alumnado, profesorado e familias de distintos municipios da contorna.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page