top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O polígono agroforestal de Aguillós: unha prioridade para o alcalde cruceño, Luis Taboada

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

"Tras catro anos de traballo intenso resolvendo os graves problemas de abandono herdados do anterior goberno do PP, o actual alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, consolidou o seu compromiso de continuar impulsando o desenvolvemento e a prosperidade do municipio incluso con unha inversion de 85.000 euros no polígono do Camballón. Agora tócalle o polígono agroforestal de Aguillós, que lamentablemente permaneceu esquecido nun caixón durante décadas baixo o goberno do PP, eríxese como unha prioridade para o Goberno de Xuntos", sinalan.

Durante o seu mandato, o alcalde Taboada e o seu equipo, sinalan dende o Concello, "enfrontaron desafíos significativos, como unha pandemia, a reparación de camiños, desbroces e outros problemas que foron ignorados durante anos. A súa dedicación e esforzo incansable transformaron o panorama local, devolvendo a esperanza aos habitantes de Vila de Cruces. A pesar dos avances que o PP puidese ter logrado no proxecto, non foron capaces de sacalo adiante durante as súas décadas de goberno, deixándoo esquecido nun caixón. O alcalde Luis Taboada, despois de cubrir as primeiras necesidades urxentes do abandono do goberno do PP, pretende agora retomar este proxecto e darlle vida·.

Publicidade

Con este obxectivo, o rexedor púxose en contacto con AGADER da Xunta de Galicia para buscar financiamento e apoio para o polígono agroforestal de Aguillós. Sen embargo, no caso de que non se consiga financiamento a través de AGADER, o alcalde ten a firme intención de utilizar fondos propios para sacar adiante o proxecto. "O seu compromiso co desenvolvemento de Vila de Cruces é incuestionable, e fará todo o necesario para cumprir con esta visión", resalta o Concello. "Demostramos que somos un goberno comprometido co progreso e o benestar dos nosos cidadáns. Logo de superar os desafíos inmediatos, é hora de mirar cara ao futuro e garantir que Vila de Cruces siga avanzando. O polígono

agroforestal de Aguillós é un proxecto que beneficiará a toda a comunidade, e traballaremos incansablemente para facelo realidade, xa sexa co apoio de AGADER ou cos nosos propios recursos", recalca o mandatario.


Publicidade

"Este compromiso do Goberno de Xuntos e a lideranza do alcalde Luis Taboada demostran que están decididos a continuar impulsando o desenvolvemento de Vila de Cruces e a converter os desafíos en oportunidades. O municipio mira con optimismo cara a un futuro máis próspero e prometedor", conclúe.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page