top of page

O PM Friol cede e entrégalle a carta de liberdade á xogadora melidense María Valcárcel Pazos

18 ene 2022
2 min de lectura

Laura Moure/Melide

Despois de meses de loita por fin este domingo o PM Friol decidiu darlle a carta de liberdade á xogadora melidense María Valcárcel Pazos. Ela militou no PM Friol ao longo de tres campañas e antes de comezar a última asinou por dúas tempadas, e a súa familia subliña que lle indicaron que en caso de querer marchar do equipo o propio clube lle asegurou que non tería problema. Pero chegou ese momento e a realidade foi outra. O clube negábase a darlle a carta de liberdade e de feito, o pasado 20 de agosto renovaron a ficha da xogadora, sabendo que non quería continuar. Aí foi cando comezou unha intensa loita para lograr que esta moza puidese seguir co seu gran soño: xogar ao fútbol.


"Este domingo, 16 de xaneiro, tras unha reunión celebrada ante dous representantes do Club Peluquería Mixta Friol (presidente e vicepresidente) e os pais de Dona María Valcárcel Pazos, o clube tomou a decisión de dar a carta de liberdade á xogadora por motido da súa saúde e para que poida inscribirse polo clube que estime conveniente", indica o clube a través dun comunicado.

Pola súa parte, a nai de María, Maica Pazos, agradece todo o apoio recibido durante todo este tempo. "Gracias por estar aí día tras día, por ler os meus " testamentos", e en xeral polo voso apoio e comprensión. Iso era un chute de enerxía para seguir e non decaer".


Tamén ten palabras para o clube. "Ao PM FRIOL, como equipo, a esas xogadoras, desexarlles todo o mellor na súa vida e no soño de ser futbolista que chegue cada unha onde teña que chegar... Como di a canción "adelante por los sueños que os quedan" pero sempre libres", subliña. "Como clube dicirvos que por sorte a nosa filla está moi sana e o que lle falta de saúde é a que lle quitastes vós, pero co apoio da súa familia e amigos pronto estará mellor".


"Vale a pena loitar"

Así mesmo, Pazos sinala que o máis importante é que "a nosa filla, aínda que agora é difícil que o entenda, vexa que isto foi un tropezo dos moitos que dá a vida, pero que o odio e o rencor non conduce nunca a nada. Que todo iso o envolva convertíndoo nunha pelota e o golpee con todas as súas forzas á portería. Tócanos traballar neste aspecto. Con todo isto creo que aprendemos que vale a pena loitar e que ninguén é máis nin menos que ninguén", recalca.


E ao mesmo tempo apunta que non se pode esquecer desas tres mozas que seguen retidas no Amio SD. "Por iso temos que seguir apoiándoas e pedirlle a esa directiva que recapacite e as deixe LIBRES. Por Sara, Rai e Montse LIBERDADE. E que ningun@ futbolista amateur siga retid@ contra a súa vontade. Sigamos asinando pola liberdade".

NOTICIA RELACIONADA:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page