top of page

O plan do Goberno de obras de emerxencia polos temporais nos viais chega a Arzúa, Melide e O Pino

Avanzan a bo ritmo desde marzo o que permite “dar unha resposta áxil e eficaz aos danos provocados polos temporais, garantindo a seguridade viaria”, destacou o subdelegado do Goberno, Julio Abalde


Laura Moure/Arzúa/Melide/O Pino

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, informou de que as obras do plan especial de reparación de firmes nas estradas estatais da provincia, deterioradas debido aos danos causados polas tormentas, avanzan a bo ritmo e conforme á planificación prevista. Neste sentido, lembrou que os traballos impulsados polo Goberno de España contan cun investimento de máis de seis millóns de euros para mellorar o estado da rede

viaria estatal na provincia coruñesa.

Mapa do plan de emerxencia de reparación de estradas estatais deterioradas polas borrascas.
Mapa do plan de emerxencia de reparación de estradas estatais deterioradas polas borrascas.

Este plan de emerxencia, impulsado polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, foi activado como resposta aos danos ocasionados polos últimos temporais e comezou a executarse a principios do mes de marzo. Segundo explicou o subdelegado, os traballos avanzan conforme á planificación prevista e teñen un prazo estimado de execución de tres meses, sempre condicionado polas condicións meteorolóxicas.


As actuacións céntranse principalmente na reparación de baches e zonas deterioradas da calzada. Na provincia da Coruña identificáronse un total de 587 puntos de intervención, que suman máis de 67 quilómetros de lonxitude e unha superficie total de 271.194 metros cadrados.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

“Este plan permite dar unha resposta áxil e eficaz aos danos provocados polos temporais, garantindo a seguridade viaria nas estradas estatais da provincia”, subliñou o subdelegado, quen destacou tamén o importante despregamento de medios para executar estas obras.


Para levar a cabo os traballos mobilizáronse dous equipos completos de estendido de mestura bituminosa en quente, integrados por un total de 24 operarios, dez máquinas e seis camións. Esta capacidade permite a execución simultánea de actuacións en dous puntos diferentes da rede viaria.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Os concellos incluídos neste plan de emerxencia son A Coruña, Abegondo, Aranga, Arteixo, Arzúa, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Ferrol, Frades, Melide, Mesía, O Pino, Ordes, Oroso, Oza-Cesuras, Padrón, Rois, Santiago, Teo e Vilasantar. No conxunto da provincia, o investimento do Goberno de España en materia de estradas ascende a 40,9 millóns de euros, dos que máis de seis millóns están destinados especificamente á reparación urxente dos danos causados polas borrascas.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page