top of page

O Pino suspende a ordenanza de saneamento ao ver que o estudio económico non se axusta á realidade

A medida terá efecto retroactivo dende o 1 de xaneiro polo que o exceso cobrado no 1º recibo deste ano compensaráselles aos aboados nos recibos dos vindeiros trimestres


Ecos da Comarca/O Pino

O Concello do Pino deixa sen efecto a ordenanza que regula as tarifas de abastecemento de auga, rede de sumidoiros e saneamento "ao comprobar que o estudo económico financeiro para calcular os gastos da nova depuradora de Arca non se axusta a realidade e están moi por riba dos reais". O alcalde, Manuel Taboada, anuncia que a medidaterá efecto retroactivo a 1 de xaneiro deste ano, e adianta que “as cantidades que se lle cobraron de máis aos aboados no recibo do primeiro trimestre vánselle compensar nos

seguintes trimestres”.


“Faremos unha nova ordenanza para fixar os prezos do abastecemento de auga, que serán similares aos actuais e beneficiosos para os pequenos consumos domésticos”, asegura Manuel Taboada.

Respecto da taxa de depuración (saneamento e sumidoiros), o alcalde anuncia que “o Concello vai asumir durante un ano os gastos de funcionamento da nova depuradora de

Arca para coñecer os custos reais do seu mantemento durante os doce meses. Con estes

datos reais aprobaremos unha nova ordenanza o vindeiro ano”, afirma.


Esta semana decidiuse deixar en suspenso a actual ordenanza despois de varias reunións coa empresa de enxeñaría que fixo o estudo económico financeiro da EDAR; tras analizar e

comparar moitos dos recibos remitidos á veciñanza no mes de abril, e despois de comprobar que os gastos que ten a depuradora son menores aos estimados en 2025.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

O estudo económico financeiro fíxose no verán pasado, cando a depuradora levaba só un par de meses funcionando, “de aí que se estimasen uns gastos de funcionamento que agora vemos son moi superiores aos que realmente custa a EDAR de Arca, como comprobamos nas reunións que mantivemos esta semana”, di Taboada. Este é un dos motivos principais polos que o goberno local deixa sen efecto a actual ordenanza.


Tamén se detectaron erros nos recibos que a empresa que xestiona o servizo lle remitiu algúns aboados. Por exemplo, “á veciñanza de Santiso (Castrofeito) e á de Castelo e de San Sadurniño (Cebreiro), cobróuselles a taxa de saneamento, cando as súas casas non están conectadas a depuradora de Arca e, polo tanto, non correspondía aplicarlla”, sinala Taboada.


Nova ordenanza só para abastecemento

Agora, o Concello vai aprobar “o antes posible” unha nova ordenanza para establecer o prezo do abastecemento de auga. “Será moi similar a que acabamos de anular, queremos que non sexa superior a actual e que beneficie a pequenos consumidores de uso doméstico”, asegura Manuel Taboada.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Esta nova ordenanza establecerá só os prezos do abastecemento de auga potable. A taxa de saneamento fixarase o vindeiro ano, despois de analizar durante 12 meses os custos reais da depuradora de Arca.


Compensación de recibos

Como xa se cobrou o recibo do primeiro trimestre, o Concello compensará nos vindeiros trimestres a parte que cada aboado pagou de máis. É probable que “nos próximos recibos haxa familias que non paguen nada polo abastecemento de auga, ata que se compensen totalmente o que pagaron a maiores no recibo que se pasou a cobro en abril”, aclara Taboada.


NOTICIA RELACIONADA:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page