top of page

O Pino promove cursos de primeiros auxilios ao asinar un convenio con investigadores do Sicrus

13 may
2 min de lectura

En xuño impartirase unha formación de soporte vital básico dirixida ao alumnado de ESO e, no segundo semestre, outra para a veciñanza


Laura Moure/O Pino

Investigadores do Sicrus van impartir durante o mes de xuño un curso de primeiros auxilios e soporte vital básico entre o alumnado da ESO do CPI Camiño de Santiago e, no segundo semestre deste ano, outra entre a veciñanza do Pino coa finalidade de formar a poboación en situacións de emerxencias e favorecer a transferencia de coñecemento a poboación xeral que pode axudar a salvar vidas en momentos críticos.

Esta actuación encádrase no convenio de colaboración asinado entre o Concello e o Grupo de Investigación en Simulación, Soporte Vital e Coidados Intensivos (Sicrus), un dos grupos emerxentes do Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS) do Sergas e da USC.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, e o investigador principal do Sicrus, Antonio Rodríguez Núñez, presentaron publicamente este convenio, que ten unha vixencia de dous anos e fíxase como obxectivo impulsar actividades formativas e de transferencia de coñecemento no ámbito da saúde e da seguridade.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O convenio entre Concello e Sicrus permitirá “formar á veciñanza do Pino para saber como

responder ante situacións de emerxencia que se dan no noso día a día, e adquirir uns

coñecementos básicos que nos axuden a salvar vidas”, explicou Manuel Taboada durante a presentación. Con esta iniciativa “queremos seguir avanzando cara a un municipio máis

preparado, seguro e comprometido coa saúde comunitaria”, engadiu Manuel Taboada, que

puxo tamén como exemplo os desfibriladores que xa instalou o Concello en edificios e

centros públicos, como os campos de fútbol, os polideportivos, a casa consistorial ou a casa de cultura, entre outros.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page