top of page

O Pino pecha o curso das Escolas Deportivas Municipais nas que participaron 200 menores

O alcalde e o concelleiro de Deportes entregáronlle medallas a todos os nenos e nenas e unha placa a monitores e monitoras


Ecos da Comarca/O Pino

O Concello do Pino pechou o curso escolar 2024-2025 das Escolas Deportivas Municipais, nas que participaron 200 nenos e nenas, cunha exhibición no polideportivo de Reboredo na que os menores puideron amosar os avances que adquiriron nas diferentes disciplinas. Ao rematar, o alcalde, Manuel Taboada, e o concelleiro de Deportes, Borja Castro, entregáronlle medallas a todos os participantes e unha placa conmemorativa aos monitores e monitoras das escolas. Familiares e amigos aplaudiron con ganas todas e cada unha das demostracións.


O alumnado do nivel 1 de patinaxe foi o que abriu esta exhibición que xuntou a centos de persoas no polideportivo de Arca. Psicomotricidade, ximnasia rítmica, multideporte, fútbol

sala, baile moderno, bádmiton e patinaxe son as disciplinas que ofreceron este curso as

Escolas Deportivas Municipais do Pino e que se puideron ver onte no polideportivo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O alcalde, Manuel Taboada, agradeceu a implicación e á participación de todos os nenos e nenas que acoden ás escolas deportivas, e desexoulles un bo verán a todas e a todos.

Despois de entregarlle medallas conmemorativas a todos os nenos e nenas, e unha placa a acada monitor e monitoras, unha foto de familia con todas as persoas participantes serviu para poñer o colofón a esta xornada de clausura.




Σχόλια


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page