top of page

O Pino estrea o seu primeiro desfile de Entroido no marco do XXVI Concurso de disfraces

A celebración terá lugar o domingo 15 de febreiro


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino xa ten todo preparado para celebrar o Entroido 2026, que este ano chega cunha destacada novidade: por primeira vez, o Concurso de Disfraces, que alcanza a súa XXVI edición, desenvolverase cun desfile aberto polas rúas do Pedrouzo, reforzando así o carácter participativo e festivo da cita.

O evento celebrarase o domingo 15 de febreiro, a partir das 17:30 horas, cun percorrido que partirá da rúa dos Mollaos, atravesará a praza de Forcarei e rematará na praza do

Concello onde, como é tradición, haberá unha carpa e se celebrará unha gran festa. Con esta incorporación, o Concello do Pino busca dar maior visibilidade ao Entroido, favorecer a interacción co público e seguir potenciando unha celebración que combina tradición, creatividade e dinamización social e económica do municipio.


O certame está aberto á participación de persoas individuais e agrupacións, sempre que

cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras. No caso de participantes menores de idade, será necesaria a correspondente autorización da persoa representante

legal.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Categorías e premios

O XXVI Concurso de Disfraces manterá as sete categorías competitivas, todas elas con

premios en metálico, mantendo os mesmos importes que na pasada edición.


Na categoría infantil, dirixida a nenos e nenas de ata 12 anos, establécense dous premios:

150 euros para o primeiro posto e 100 euros para o segundo. O premio na modalidade individual adultos será de 150 euros, mentres que as parellas optarán a unha dotación de

200 euros.


Os grupos, formados por entre 4 e 9 persoas, competirán por un premio de 300 euros, ao

tempo que as comparsas, cun mínimo de 10 integrantes, poderán acadar un premio de 700 euros. As carrozas, que deberán contar con polo menos 4 persoas sobre unha estrutura móbil decorada, estarán dotadas cun premio de 500 euros.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Como recoñecemento á creatividade e á innovación, outorgarase tamén un premio

específico ao disfrace máis orixinal, cunha dotación económica de 200 euros.


O xurado valorará a orixinalidade, a posta en escena, o uso de materiais reciclados e o

fomento da lingua galega. As agrupacións poderán realizar pequenas representacións (3-4

min) para gañar o favor do público e do xurado. Os premios entregaranse durante o propio

evento e serán abonados posteriormente mediante transferencia bancaria, previa

presentación da documentación requirida dentro do prazo establecido nas bases.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Inscricións

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o propio día 15 de febreiro de 2026. As

solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica municipal; presencialmente

no Rexistro do Concello do Pino; e tamén o mesmo día do evento, entre as 16.00 e as 17:00 horas, antes do inicio do desfile.


As bases completas do XXVI Concurso de Disfraces do Entroido 2026, así como os formularios de inscrición, estarán dispoñibles na web www.opino.gal (neste enlace)

Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Departamento de

Educación e Cultura, na Casa da Cultura (Rúa do Peregrino, 10), ou chamar ao teléfono 981 511 065.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page