top of page

O Pino entregará as distincións aos mellores deportistas o xoves 31 de xullo no Concello

Os galardoados son o atleta Alexandre García, o nadador Hugo Cacheda, os integrantes do Pino do equipo de fútbol gaélico Estrela Supernova e o conxunto escolar de xadrez


Laura Moure/O Pino

O atleta Alexandre García Seijo, o nadador Hugo Cacheda Martínez, os integrantes do Pino do equipo de fútbol gaélico Estrela Supernova e os xadrecistas Rubén Alonso, Martín González e Noé Villar son as persoas mozas galardoadas na segunda edición dos premios que o Concello do Pino lle concede aos deportistas máis destacados durante a temporada.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Estes premios repartíronse por primeira vez en 2023 co obxectivo de dar a coñecer os méritos da xente nova do Pino que está destacando en competicións nacionais e autonómicas. O Concello do Pino, comprometido coa práctica deportiva facilitando medios para adestrar e competir, busca así o recoñecemento público dos novos deportistas como un xeito de acompañalos na súa traxectoria.


Os galardoados recollerán as distincións de mellores deportistas do Pino nunha cerimonia

que se desenvolverá o xoves 31 de xullo na Casa do Concello, en base ao traballo que

realizaron durante a presente temporada 2024/25.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Alexandre García, atleta de Lardeiros e integrante do Club Atletismo O Pino, leva conseguidos este ano tres subcampionatos galegos Sub-14 en 60 metros lisos, 80 metros

lisos e 220 metros valados, ademais de clasificarse para o Campionato de España nas

combinadas de 80 m lisos, 80 m valados e lanzamento de peso (3 Kg).


Hugo Cacheda, de Pedrouzo, milita no Club Natación Santiago e conquistou nada menos

que tres ouros e outras tres pratas nos últimos autonómicos de categoría alevín. No Campionato Galego de verán en piscina olímpica foi campión en 50 costas e subcampión en 50 braza, 100 braza e 200 braza, mentres que no Campionato Galego de inverno foi campión de 200 braza e 100 braza, ademais de subcampión en 50 braza.

Yeray Barreiro, Rodrigo Sanjuás, Pedro Muñoz, Martín Giao, Santiago Mecías e Alexandre

Fernández son os xogadores do Pino que forman parte do equipo Estrela Supernova que,

representando a Galicia xunto outros rapaces de Boqueixón e Friol, proclamouse campión

de Europa de fútbol gaélico no Féile de Ámsterdam logo de facerse coa Copa Galega.


Por último, o Concello do Pino distingue tamén o equipo composto por Rubén Alonso,

Martín González e Noé Vilar, que logrou o terceiro posto da competición comarcal por

equipos da Liga escolar Xogade.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page