top of page

O Pino clausura o curso das escolas deportivas municipais, nas que se formaron 200 menores

O alcalde e concelleiros do goberno entregáronlle medallas a todos os participantes


Ecos da Comarca/O Pino

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, e concelleiros do equipo de goberno entregaron venres medallas a todos os nenos e nenas participantes no acto de clausura das escolas deportivas municipais, nas que este curso participaron máis de 200 menores.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis desta empresa.

Numeroso público presenciou no polideportivo de Reboredo as diferentes exhibicións, nas

que nenas e nenos amosaron as súas habilidades nas diferentes disciplinas. A xornada comezou coa participación alumnado de fútbol sala nivel 1, á que seguiron exhibicións de

ximnasia rítmica, baile moderno (dous niveis), patinaxe (cinco niveis) e bádmiton. Familiares e amigos aplaudiron con ganas cada unha das actuacións-


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ao rematar as exhibicións, todos os nenos e nenas matriculadas nas escolas deportivas que estaban presentes no polideportivo levaron como recordo unha medalla.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page